Estilos de vida saudables, necesarios a calquera idade

A Universidade de Santiago de Compostela, co impulso da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, crea a Cátedra de Vida Saudable dedicada á promoción de hábitos de vida saudables entre a poboación galega.

Desde unha perspectiva científica e interdisciplinar, abórdanse os principais determinantes da saúde como o consumo de tabaco ou de alcol, a exposición ao fume ambiental de tabaco, a dieta, o sedentarismo ou a obesidade.

A través de contidos informativos, materiais formativos e actividades participativas, esta Cátedra busca sensibilizar e empoderar á poboación na adopción de estilos de vida máis saudables.