Bota a andar a Rede de Investigación en Promoción da Saúde en Galicia (RIPS-GA) para fortalecer o coñecemento sobre estilos de vida saudables

Desde a Cátedra de Vida Saudable da Universidade de Santiago de Compostela (USC), en colaboración coa Dirección Xeral de Saúde Pública (DXSP) da Consellería de Sanidade, ponse en marcha a Rede de Investigación en Promoción da Saúde en Galicia (RIPS-GA), unha iniciativa que busca fortalecer a investigación e a cooperación científica en torno aos estilos de vida e ás condutas de risco na comunidade galega.

Os obxectivos principais da rede son identificar aos investigadores e investigadoras e aos seus grupos de investigación activos que traballan en Estilos de Vida en Galicia; ademáis de promover encontros e xornadas de divulgación e formación, e visibilizar o traballo científico que se realiza en Galicia no ámbito da promoción da saúde. A RIPS-GA está concibida como un proxecto dinámico e en continua actualización, con revisións periódicas que permitirán manter actualizada a información e fortalecer os lazos entre os equipos de investigación.

Unha rede colaborativa entre universidades e centros de investigación

A RIPS-GA reúne investigadores e investigadoras das tres universidades galegas: Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Vigo e Universidade da Coruña; así como dos principais institutos de investigación sanitaria: o Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS), o Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC) e o Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur.

Esta colaboración multidisciplinar permitirá xerar sinerxías, compartir coñecemento e fomentar proxectos conxuntos, enriquecendo tanto o ámbito científico galego como a súa proxección nacional e internacional.

Os grupos de traballo organízanse en torno a oito áreas temáticas que abordan os principais factores de risco e estilos de vida relacionados coa saúde: tabaco, cigarrillos electrónicos, alimentación-nutrición xunto con sobrepeso-obesidade, actividade física-sedentario xunto con envellecemento activo, drogas ilegais, adiccións sen substancia, bebidas enerxéticas e alcol. Esta estrutura favorece a especialización e a colaboración entre equipos que investigan problemáticas concretas, permitindo avanzar de forma coordinada cara á mellora da saúde pública en Galicia.

Xornada científica RIPSGA 15 de xaneiro 2026

A RIPS-GA celebrou a súa primeira xornada científica o 12 de xaneiro de 2026 na Aula Castelao da Facultade de Medicina da USC. Reuníronse 31 representantes de 24 grupos de investigación que presentaron as súas principais liñas de traballo e resultados en materia de promoción da saúde.

Con esta iniciativa, deuse un paso decisivo para consolidar un entorno de investigación colaborativo orientado á prevención, á mellora dos hábitos de vida e á promoción da saúde de toda a cidadanía.

Podes consultar o programa nesta ligazón.

O primeiro grupo en presentar as súas liñas de traballo foi o de Tabaco e Cigarros electrónicos. Este grupo formado por cinco investigadores da USC e do IDIS presentaron diferentes liñas de traballo, que se poden consultar ver a continuación.

As direccións de contacto dos investigadores que presentaron esta liña figuran de seguido:

Elisardo Becoña Iglesias: elisardo.becona@usc.es

Mónica Pérez Ríos: monica.perez.rios@usc.es

Javier Costas Costas: javier.costas.costas@sergas.es

María del Carmen Míguez Varela: mcarmen.miguez@usc.es

Julia Rey Brandariz: juliarey.brandariz@usc.es

O segundo grupo en presentar as súas liñas de traballo foi o de Alcohol. Este grupo formado por tres investigadores da USC, UDC e do IDIS presentaron diferentes liñas de traballo, que se poden consultar ver a continuación.

As direccións de contacto dos investigadores que presentaron esta liña figuran de seguido:

Patricia Gómez Salgado: patricia.gomez@usc.es

Bruno Casal Rodríguez: bruno.casal@udc.es

Javier Costas Costas: javier.costas.costas@sergas.es

O terceiro grupo en presentar as súas liñas de traballo foi o de Drogas Ilegais. Este grupo formado por seis investigadores da USC, UDC, UVigo, do IISGS, IDIS e da Área sanitaria de Vigo presentaron diferentes liñas de traballo, que se poden consultar ver a continuación.

As direccións de contacto dos investigadores que presentaron esta liña figuran de seguido:

María Rey Grandal: mariareygrandal@gmail.com

Bruno Casal Rodríguez: bruno.casal@udc.es

Javier Costas Costas: javier.costas.costas@sergas.es

Rosa María Montes Goyanes: rosamaria.montes@usc.es

Olalla Maroñas Amigo: olalla.maronas@usc.es

Sara Esteves Araújo Correia: sara.estevesaraujo@rai.usc.es  

O cuarto grupo en presentar as súas liñas de traballo foi o de Adiccións sen substancia. Este grupo estivo formado por un único investigador da USC. A súa liña de traballo pode consultarse ver a continuación.

A súa dirección de contacto figura de seguido:

Antonio Rial Boubeta: antonio.rial.boubeta@usc.es

O quinto grupo en presentar as súas liñas de traballo foi o de Bebidas enerxéticas e Nutrición, Alimentación, Sobrepeso e Obesidade. Este grupo formado por cinco investigadores da USC e do IDIS presentaron diferentes liñas de traballo, que se poden consultar ver a continuación.

As direccións de contacto dos investigadores que presentaron esta liña figuran de seguido:

Ana Teijeiro Teijeira: ana.teijeiro.teijeira@rai.usc.es

Francisco Gude Sampedro: francisco.gude.sampedro@sergas.es

Guadalupe García: guadalupe.garcia0@rai.usc.es

María del Mar Lorenzo Moledo: mdelmar.lorenzo@usc.es 

Rosaura Leis Trabazo: mariarosaura.leis@usc.es

O último grupo en presentar as súas liñas de traballo foi o de Actividade Física, Sedentarismo e Envellecemento Activo. Este grupo formado por quince investigadores da USC, UDC, UVigo e do IDIS presentaron diferentes liñas de traballo, que se poden consultar ver a continuación.

As direccións de contacto dos investigadores que presentaron esta liña figuran de seguido:

Gonzalo José Márquez Sánchez: gonzalo.marquez@udc.es

Pablo Campo Prieto: pcampo@uvigo.gal

Ana Maseda Rodríguez: ana.maseda@udc.es

Arturo Xosé Pereiro Rozas: arturoxose.pereiro@usc.es

Blanca Laffon Lage: blanca.laffon@udc.es

Bruno Casal Rodríguez: bruno.casal@udc.es

Cristina Candal Pedreira: c.candal.pedreira@usc.es

Eliseo Iglesias Soler: eliseo.iglesias.soler@udc.es

Federico Mallo Ferrer: fmallo@uvigo.es

Javier Rico Díaz: javier.rico.diaz@usc.es

Miguel Adriano Sánchez Lastra: misanchez@uvigo.gal

Rubén Navarro Patón: ruben.navarro.paton@usc.es

Fernando Lino Vázquez González: fernandolino.vazquez@usc.es

Luis Modesto Álvarez Sabucedo: lsabucedo@det.uvigo.es

 Rosaura Leis Trabazo: mariarosaura.leis@usc.es

Logo Logo